Alumnado Erasmus do colexio Josefinas visita a Deputación de Ourense

Compartir

Ourense, 7 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a un grupo de alumnos e alumnas Erasmus do colexio Josefinas, da cidade de Ourense, no marco do proxecto "Building synergetic energy". O alumnado, que visitou a institución provincial acompañados polos seus profesores, proceden de Noruega, Turquía e Eslovaquia.

O deputado provincial explicoulles o funcionamento da administración provincial e os servizos que presta como "concello dos concellos" salientando que se trata dun traballo fundamental a prol do desenvolvemento de Ourense.

Rosendo Fernández, en nome da Deputación de Ourense, fíxolles entrega dun libro e un lapiseiro para que lembren a cidade onde realizaron o intercambio estudantil. Agradeceu tamén aos mozos e mozas a súa estadía en Ourense porque se converterán nos "mellores embaixadores do noso territorio".