Luis Menor recibe no Pazo Provincial á directiva da Asociación de Xóvenes Empresarios

Compartir

Ourense, 9 de novembro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe no Pazo Provincial, un encontro de traballo coa presidenta e co vicepresidente da Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE), Nuria Iglesias e Jose María Martínez, respectivamente, para explorar liñas de colaboración que contribúan á promoción económica da provincia.

Luis Menor reafirmou o compromiso do goberno provincial co asociacionismo ourensán que realiza "un traballo fundamental no desenvolvemento social e económico do noso territorio".