O vicepresidente segundo da Deputación asiste ao acto de entrega do I Premio de Oratoria “Ramón Otero Pedrayo”
Amoeiro, 10 de novembro de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, asistiu esta mañá, en Trasalba, ao acto de entrega do I Premio de Oratoria en formato podcast "Ramón Otero Pedrayo". Raquel González Calvo fíxose co primeiro posto do certame por "O mundo feminino de Otero Pedrayo".
O premio, convocado pola Asociación Amigos de Otero Pedrayo, ten como finalidade incentivar, entre o alumnado galego de entre 15 e 25 anos, a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria, con técnicas actuais para a sociedade dixital. O premio está dotado con 3.750 euros repartidos en tres categorías.