Jorge Pumar asiste á presentación do balance do programa Xente Nova que realizou hoxe en Ourense a conselleira de Mobilidade
Ourense, 15 de novembro de 2023.- O deputado de Innovación, Jorge Pumar, asistiu hoxe, na estación de autobuses de Ourense, á presentación do balance do programa Xente Nova que realizou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez.
O programa Xente Nova é a tarxeta de transporte de Galicia que permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas ás persoas menores de 21 anos, poden viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino.