Jorge Pumar representa á Deputación na Comisión de Innovación Social do Eixo Atlántico, que se desenvolveu en Carballo

Compartir

Carballo, 16 de novembro de 2023.- O deputado de Innovación, Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, representou hoxe á Deputación de Ourense na Comisión de Innovación Social do Eixo Atlántico, que tive lugar no Concello de Carballo.

A Comisión Política de Innovación Social culminou o primeiro Mapa de Cohesión Social dun sistema urbano transfronteirizo, que foi presentado precisamente en Ourense o pasado mes de setembro, así como a primeira axenda de medidas para combater a crise demográfica e fixar poboación no interior.