O deputado de Enerxía, José María Lago, asiste á inauguración do 14º Salón do Automóbil, en Expourense

Compartir

Ourense, 16 de novembro de 2023.- O deputado de Enerxía, José María Lago, asistiu hoxe en Expourense á inauguración do 14º Salón do Automóbil que reúne a 15 concesionarios oficiais que ofrecen coches novos e de ocasión de 24 marcas. A feira, organizada pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense e Expourense, celebrarase en dúas fins de semana: do 16 ao 19 de novembro terá lugar o Salón do Vehículo Novo e, desde o 23 ao 26 de novembro será a quenda para o Vehículo de Ocasión.

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.