A deputada delegada especial para Valdeorras asiste á presentación da aplicación “Ourentónomos”

Compartir

O Barco de Valdeorras, 21 de novembro de 2023.- A deputada delegada especial para Valdeorras asistiu hoxe, na Casa Grande de Viloira no Barco de Valdeorras, á presentación da aplicación "Ourentónomos" que desenvolve a Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA) coa colaboración da Deputación de Ourense.

Trala presentación da mesma, proporcionouse aos asistentes asesoramento e abriuse un espazo de networking para intercambiar opinións sobre as necesidades e retos que teñen que afrontar os autónomos.