A deputada delegada especial para Valdeorras participa na inauguración da exposición fotográfica “Pizarra”
Ourense, 23 de novembro de 2023.- A deputada delegada especial para Valdeorras, Maria del Carmen González, participou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na inauguración da exposición fotográfica "Pizarra", con instantáneas de Juan Rodríguez. Unha mostra que pon en valor a singularidade desta roca natural clave para la economía de la provincia de Ourense.
Na inauguración tamén participaron o presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo; o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Renovables da Xunta, Pablo Fernández; e o arquitecto comisario da exposición e un dos maiores expertos e coñecedores das características técnicas da lousa como material construtivo, Carlos Quintáns.