“Encontrolandia” reúne a escolas e clubs deportivos da provincia
Ourense, 24 de novembro de 2023.- A Deputación de Ourense organiza o evento lúdico-deportivo "Encontrolandia" no Pazo dos Deportes Paco Paz para reunir a escolas e clubs deportivos da provincia nunha xornada de convivencia e deporte. O deputado de Innovación, Jorge Pumar, participou hoxe na entrega de medallas e agasallos que se outorgaron aos máis de 170 deportistas participantes no evento de fútbol sala, nenos e nenas de entre 4 e 7 anos.
Os equipos convidados polo Servizo de Deportes da Deputación, representados neste acto, foron: E.D.C. Xinzo, Escola de Maceda, Pazoescolas, S.D. Nogueira, C.D. Pereiro, Escola San Cibrao, Unión Deportiva Ourense, Academia Futsal, Pabellón C.F. e a Escola Deportiva Ourense "Blanco Amor".