Jorge Pumar representa á Deputación no acto "Xuntos contra a violencia de xénero" organizado na AVV de Vilar de Astrés

Compartir

Ourense, 27 de novembro de 2023.- "Por unha sociedade que camiña libre, cara adiante, equitativa e sen violencia" é o lema da xornada "Xuntos contra a violencia de xénero" que tivo lugar esta tarde no local da asociación veciñal de Vilar de Astrés, en Ourense. A este acto asistiu en representación da Deputación o deputado de Innovación, Jorge Pumar.