A Deputación de Ourense colabora co 34º Festival do Teatro Galego do Carballiño
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles desta nova edición que volverá ao Auditorio municipal da vila do 13 ao 16 de decembro
Ourense, 28 de novembro de 2023.- A Deputación de Ourense colabora coa 34ª edición do Festival do Teatro Galego (Fetega) que se celebrará do 13 ao 16 de decembro no Auditorio municipal do Carballiño. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, coñeceu hoxe, no Pazo Provincial, os detalles desta nova edición da man do director do Fetega, Carlos Ledo e do concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández.
O Festival comezará o mércores 13 de decembro ás 11.30 horas co espectáculo infantil de Barafunda "Antón un neno diferente". Ao día seguinte, a programación retomarase ás 20.30 horas con Redrum Teatro e o seu espectáculo "O pequeno poni". O venres, 15 de decembro, será a quenda para Teatro do Noroeste con "As damas de Ferrol", ás 20.30 horas. O Festival rematará o sábado, 16 de decembro, coa obra "Testosterona" de Malasombra, ás 20.30 horas.
As entradas xa poden adquirirse desde hoxe a través de ataquilla.com por un prezo de 8 euros por espectáculo, ou o bono de 20 euros que inclúe a entrada para as tres obras.
Para máis información: festivaldoteatrogalego.com.