O deputado de Medio Ambiente participa na xornada de lanzamento do Proxecto Risc-Plus

Compartir

Ourense, 30 de novembro de 2023.- O deputado de Medio Ambiente, José María Lago, participou esta mañá na Xornada de Lanzamento do Proxecto RISC_PLUS, Resiliencia fronte aos Riscos de Inundacións e Secas derivados do impacto do Cambio Climático nas Concas Internacionais dos ríos Miño e Limia: Prevención, Preparación e Dixitalización.

Este proxecto enmárcase no Programa Interreg VIN A España-Portugal (POCTEP), levado a cabo por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (Organismo autónomo dependente do MITECO), a ARH-Norte da Axencia Portuguesa do Ambiente (APA), a Facultade de Enxeñería da Universidade do Porto e o Campus da Auga (Ourense) da Universidade de Vigo. A xornada celebrouse en formato presencial no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación.