A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, asiste ao comité provincial de Cruz Vermella en Ourense
Ourense, 30 de novembro de 2023.- A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, participou esta tarde no Comité Provincial de Cruz Vermella en Ourense. Nesta reunión, aprobáronse os orzamentos da institución para o vindeiro ano 2024, así como tamén se analizaron todas as achegas que realizou a Deputación a esta ONG, centradas no apoio escolar, a dinamización da mocidade ou o desenvolvemento local, entre outras.