Rosendo Fernández asiste á inauguración da exposición “Retratos dun tempo da plástica galega”, de Xulio Gil
Ourense, 11 de decembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxe, na sala de exposicións Afundación de Ourense, á inauguración da mostra "Retratos dun tempo da plástica galega", de Xulio Gil. Este proxecto expositivo pretende render homenaxe á plástica galega a través de 97 retratos fotográficos dos artistas, os seus creadores, da man do fotógrafo Xulio Gil.