Jorge Pumar participa na presentación da XVIII edición do Festival Internacional Rebulir

Compartir

Ourense, 14 de decembro de 2023.- O deputado provincial de Innovación, Jorge Pumar, participou esta mañá na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense, na presentación da XVIII edición do Festival Internacional Rebulir que se desenvolverá desde hox e ata o vindeiro domingo, 17 de decembro, cunha ampla programación de actividades en Ourense, Celanova e Ramirás.

A programación desta nova edición do FIR inclúe unha feira turística e de promoción, foliadas polas rúas, obradoiros de bailes do mundo, actividades de animación, exposicións ou paneis informativos no Espazo Xove de Ourense, en diversos centros culturais ou na residencia de maiores O Mosteiro, entre outras localizacións. Hoxe pola tarde, no Espazo Xove celebrarase unha charla sobre o audiovisual e un obradoiro de 'Danzas do Mundo', cuxas prazas, en ambos casos, están esgotadas.

A gala central terá lugar en Ramirás o sábado coa actuación de grupos de música e baile tradicional de Galicia, Estremadura, Portugal, Bolivia e Senegal. Ademais, nesta gala farase entrega dos premios Rebulir 2023 ao actor Luis Zahera, ao músico Xurxo Fernándes e ao programa da Radio Galega "Lume na palleira'.