Luis Menor asiste á VIII Gala contra o Cancro de Ourense
Ourense, 15 de decembro de 2023.- O presidente provincial, Luis Menor, asistiu esta noite no Auditorio municipal á VIII Gala Contra o Cancro organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Ourense.
Un evento benéfico protagonizado ao 100 % nesta edición polas mulleres, con actuacións de danza, música e humor.