Jorge Pumar representa á Deputación na entrega do cheque coa recadación do partido benéfico contra o cancro de mama a favor da AECC Ourense
Ourense, 19 de decembro de 2023.- O deputado de Innovación, Jorge Pumar, representou esta mañá á Deputación no acto de entrega do cheque coa recadación acadada no partido benéfico contra o cancro de mama a favor da AECC Ourense. A cantidade recadada foi de 2.245 euros.