Luis Menor recibe no Pazo Provincial á alcaldesa do Irixo, Susana Iglesias

Compartir

Ourense, 4 de xaneiro de 2024.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial á alcaldesa de O Irixo, Susana Iglesias, para coñecer en primeira persoa as principais demandas deste municipio. No encontro, Luis Menor presentoulle o novo plan de cooperación da institución provincial a través do cal o Concello de O Irixo recibirá un orzamento de máis de 200.000 euros anuais que lle "permitirá acometer moitos dos proxectos pendentes", salientou o presidente provincial.

Na xuntanza tamén se acordou que a Deputación colaborará co Concello de O Irixo na adquisición dun novo inmoble ao carón da Casa Consistorial para mellorar os servizos, así como coa Banda de Gaitas de O Irixo, unha das actividades culturais máis senlleiras da zona.