A Deputación de Ourense súmase aos actos conmemorativos organizados pola AECC de Ourense con motivo do Día Mundial contra o Cancro
Ourense, 2 de febreiro de 2024.- A Deputación de Ourense súmase aos actos conmemorativos organizados pola AECC de Ourense con motivo do Día Mundial contra o Cancro que se celebra o domingo día 4 de febreiro. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá na rúa do Paseo na apertura da carpa que instala a AECC de Ourense.