Luis Menor asiste ao Campionato de España de Atletismo
Ourense, 17 de febreiro de 2024.- O presidente provincial, Luis Menor, asistiu ao Campionato de España de Atletismo en Pista Cuberto, que se está a disputar durante toda a fin de semana en Expourense.
Menor participou na cerimonia de premiación en salto de altura feminino, impoñendo as súas condecoracións a Una Stancev, Saleta Castro e María Vicente.