Celebrada a segunda charla sobre ciberseguridade organizada pola Deputación para fomentar e impulsar o papel da muller neste sector
Cambeo, 21 de febreiro de 2024.- Esta mañá celebrouse a segunda charla motivacional sobre ciberseguridade que organizou a Deputación de Ourense para fomentar e impulsar o papel da muller neste sector. Hoxe foi a quenda para as alumnas de 3º e 4º da ESO do CPI Antonio Faílde de Cambeo.
O obxectivo desta iniciativa era captar a atención das participantes e animalas a desenvolver a súa carreira profesional no ámbito da ciberseguridade.