A deputada de Igualdade asiste á actividade "Caldo de Gloria" organizada pola Fundación Rosalía de Castro

Compartir

Celanova, 23 de febreiro de 2024.- A deputada de Igualdade, Teresa Barge, asistiu esta tarde na Casa dos Poetas de Celanova, á actividade "Caldos de Gloria" organizada pola Fundación Rosalía de Castro. Esta iniciativa, para conmemorar o aniversario da autora, está inspirada no poema "Miña casiña, meu lar" na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.