O deputado de Representación Institucional asiste á entrega dos Certificados SICTED do xeodestino Allariz-Maceda

Compartir

Allariz, 29 de febreiro de 2024.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxe no hotel OCA de Allariz, ao acto de entrega dos Certificados SICTED ao Compromiso de Calidade Turística, organizado polo GDR Limia – Arnoia.

No acto fíxose entrega deste distintivo de calidade a 21 entidades e locais turísticos do Xeodestino Allariz – Maceda que son: A Casa do Xastre, Arca de Noe, o Camping Os Invernadeiros, a Casa Pepiña, Celtainer, o Club Hípica Allariz, o Festival Internacional de Xardíns, o Fío de Liño Allariz, o Hostal Alarico, Hotel O Portelo Rural, Hotel Oca vila de Allariz, Xeitura, Museo da Moda, Museo do Coiro. Fábrica Familia Nogueiras, Museo Galego do xoguete, Oficina de Turismo de Allariz, Roi Xordo Café-Bar, Taberna do Pepiño, Tenda do Pepiño, Museo do Médico Rural de Maceda e o restaurante Boigorri.