A vicepresidenta primeira da Deputación participa na III edición do Club Redeiras que organiza AJE Ourense

Compartir

San Cibrao das Viñas, 7 de marzo de 2024.- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou hoxe en Minero Conforex, no Concello de San Cibrao das Viñas, na III edición do Club de Redeiras, un espazo de diálogo para falar sobre talento, igualdade e futuro no ámbito empresarial, organizada por AJE Ourense.