A deputada Patricia Torres leva a iniciativa "A Deputación Escoita" ao IES Chamoso Lamas do Carballiño

Compartir

O Carballiño, 19 de marzo de 2024.- A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, deu hoxe a coñecer ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato no IES Chamoso Lamas do Carballiño, os detalles da iniciativa "A Deputación Escoita", pensada como canle directa de participación da xente nova coa administración provincial. Afirmou que para o goberno provincial é "importante a vosa achega para deseñar políticas para a mocidade".

A primeira edición do certame "A Deputación Escoita" está orientado aos 1.500 mozos e mozas de 2º de Bacharelato dos 32 centros educativos de Educación Secundaria de toda a provincia, e consta de dúas modalidades: para a mocidade emprendedora (que consiste no deseño dun logo para o proxecto "A Deputación Escoita", e a titulada "un futuro para Ourense", consistente nun documento de propostas, demandas ou iniciativas que melloren a provincia.