Alumnado de bacharelato do IES nº1 do Carballiño coñecen o proxecto "A Deputación Escoita", da man da deputada de Políticas Sociais

Compartir

O Carballiño, 20 de marzo de 2024.- Alumnado de Bacharelato do IES nº 1 do Carballiño coñeceron hoxe a iniciativa "A Deputación Escoita", da man da propia deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres. Este proxecto, posto en marcha recentemente polo goberno provincial, pretende ser unha canle directa de participación da xente nova coa administración provincial.

O certame está orientado aos 1.500 mozos e mozas de 2º de Bacharelato dos 32 centros educativos de Educación Secundaria de toda a provincia, e consta de dúas modalidades: para a mocidade emprendedora (que consiste no deseño dun logo para o proxecto "A Deputación Escoita", e a titulada "un futuro para Ourense", consistente nun documento de propostas, demandas ou iniciativas que melloren a provincia.