Plácido Álvarez participou na reunión do Padroado da Fundación Aquae Querquennae – Vía Nova onde xa se sentaron as bases para a conmemoración do seu 50 aniversario
Portoquintela (Bande), 21 de marzo de 2024.- O vicepresidente terceiro e deputado de Cooperación Transfronteriza, Plácido Álvarez, participou hoxe na reunión do Padroado da Fundación Aquae Querquennae – Vía Nova que tivo lugar en Portoquintela, no municipio de Bande. Un dos aspectos máis relevantes deste encontro foi sentar as bases para comezar a programar os actos conmemorativos do 50 aniversario de este complexo arqueolóxico, que se celebrará no vindeiro ano 2025.
A reunión tamén serviu para designar a Cecilio Santalices e Jorge Rubén Sampedro como representantes suplentes da Xunta de Galicia neste padroado.