A Deputación de Ourense colabora co 2º Salón do Vehículo Clásico que se celebrará en Expourense os días 6 e 7 de abril

Compartir

Ourense, 2 de abril de 2024.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe en Expourense na presentación da segunda edición do Salón do Vehículo Clásico que se celebrará no recinto feiral os días 6 e 7 de abril, coa colaboración da Deputación de Ourense. O evento, que pretende consolidarse de forma definitiva no calendario de Expourense trala boa acollida que tivo na súa primeira edición, reunirá a 30 expositores e 20 clubs de afeccionados.

O 2º Salón do Vehículo Clásico contará coa presenza de 20 expositores especializados no sector do clásico e entre os que se atopan tanto compraventas como empresas de recambios, accesorios, pintura, miniaturas, etc. A área expositiva inclúe ademais a participación de máis de 140 vehículos clásicos (matriculados ata 1994) entre os que se poden atopar motos e coches. Estes vehículos de exposición están cedidos por coleccionistas privados, restauradores, mecánicos, clubs e particulares.

A feira poderá visitarse en horario de 11.00 a 21.00 horas e a entrada para o público ten un custe de 5 euros.