Rosendo Fernández asistiu á inauguración da tenda Moda RE de Cáritas

Compartir

Ourense, 03 de abril de 2024.

Esta mañá o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu á inauguración da tenda Moda "RE" de Cáritas Diocesana de Ourense. Este novo proxecto ten como obxectivos fomentar a inserción social a través do emprego, dignificar a atención social na entrega de roupa e fomentar o consumo responsable.

A tenda, que abre hoxe as súas portas, atópase na Praza Maior e busca darlle un novo enfoque á xestión da roupa que recibe Cáritas, permitindo un mellor aproveitamento das doazóns da cidadanía. Este proxecto xa está activo noutras cidades españolas e os resultados que está obtendo son positivos. No caso de Ourense lévase a cabo coa unión con Cáritas Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol.

Moda Re busca ser un espazo inclusivo no que todo o mundo poderá comprar. A forma de pago estará adaptada para aquelas persoas con menos recursos que queiran comprar alí, dispoñendo de un QR co que as prendas que queiran levar terían custe cero.

Ademais, a tenda convértese nun espazo de inserción laboral para as persoas que teñen dificultade á hora de atopar emprego. Actualmente Moda RE conta con catro traballadores, esta cifra irá aumentando se a iniciativa ten apoio suficiente.