Rosendo Fernández representa á Deputación na presentación en Ourense do III Festival Gastronómico Bacalhau de Chaves

Compartir

Ourense, 15 de abril de 2024

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, representou á Deputación na presentación en Ourense da III edición do Festival Gastronómico Bacalhau de Chaves. Do 1-5 de maio, 60 restaurantes terán menús ou pratos con bacalhau, conciliando innovación con tradición. "Os veciños e irmáns portugueses promocionando o seu e invitándonos a un dos seus patrimonios enogastronómicas", explicou Rosendo Fernández.