A Deputación colabora coa sexta edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra
Nogueira de Ramuín, 16 de abril de 2024.
O xefe da área de Cultura e Deportes da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación da sexta edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra co que colabora a Deputación de Ourense. O evento deportivo disputarase o vindeiro sábado, 20 de abril, no pavillón municipal de Luintra.
Tamén participou na presentación do Trofeo o concelleiro de Deportes de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto; o presidente das Escuelas Deportivas de Kickboxing, Rubén Batán; o presidente da Federación Galega de Kickboxing, Cipri Gomes e o xefe da área de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez.