A vicepresidenta primeira da Deputación participa na visita institucional á Feira EmpregoInCampus
Ourense, 18 de abril de 2024.
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou esta tarde na visita institucional á celebración EmpregoInCampus, no pavillón de deportes do Campus de Ourense. Trátase dunha feira da Universidade de Vigo na que participan ao redor de 70 empresas e institucións para que o alumnado das diferentes titulacións coñezan de primeira man as oportunidades profesionais que ofrecen entidades de moi diversos sectores e contactar directamente cos seus responsables de selección.
Na visita participou, entre outras autoridades, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.