O vicepresidente segundo da Deputación participa na inauguración do Abril Oteriano

Compartir

Ourense, 26 de abril de 2024.

A Fundación Otero Pedrayo, co gallo do aniversario do pasamento do patriarca das Letras galegas, lembra o seu legado co chamado "Abril Oteriano", que este ano consta de dúas xornadas que acollerá o Liceo de Ourense. Ás seis da tarde tivo lugar a presentación das actividades e na mesma contouse coa presenza do conselleiro de Cultura, José López Campos; o presidente da RAG, Víctor Freixanes; e o vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández.

A xornada continuou coa proxección de vídeos do arquivo de RTVE e a intervención de Cruz Mato. Tamén houbo unha sesión sobre «Epistolario entre Otero Pedrayo e Fernández del Riego» na que interviñeron Alonso Montero e Patricia Arias. Mañá sábado, ás 11.00 horas, Felipe Senén López impartirá a conferencia «Panceltismo, cristianismo e o espello de Irlanda na Galiza de Nós». Xosé López Silva pechará coa charla sobre a presenza das viaxes e a xeografía na obra de Otero Pedrayo.