Rosendo Fernández participa no "Día do Socio" da AVV As Laxas, nas Curuxeiras

Compartir

As Curuxeiras, 27 de abril de 2024.

A asociación de veciños Laxas do núcleo rural de As Curuxeiras, no municipio de Ourense, festexou o seu 36 aniversario cun "xantar de irmandade" e placas conmemorativas para os socios máis veteranos e colaboradores con esta asociación, dentro dos actos do seu tradicional "Día do Socio", no que participou o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández.