O presidente da Deputación asiste á celebración da ViboMask 2024 en Viana do Bolo
Viana do Bolo, 27 de abril de 2024.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe en Viana do Bolo á celebración do Festival Internacional ViboMask para gozar in situ desta manifestación cultural e etnográfica que cada ano atrae a numerosas mascaradas da Península Ibérica a Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
Nesta edición, daranse cita 44 grupos que representarán a un total de 80 máscaras de diversos entroidos procedentes de Asturias, Cantabria, Euskadi, Castela e León, Castela A Mancha e, como novidade, este ano está a participar como convidado especial un grupo de representantes do carnaval de Sappada (Italia).