Rosendo Fernández participa na presentación dos cursos de verán do Campus de Ourense
Ourense, 10 de maio de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe na vicerreitoría do Campus de Ourense, na presentación da oferta dos cursos de extensión universitaria, coñecidos como "cursos de verán", que ofrece o Campus de Ourense.
Nesta ocasión son cinco as propostas organizadas pola Vicerreitoría do campus con financiamento da Deputación de Ourense e que abranguen temáticas como a saúde mental da mocidade, o cinema galego, a historia e patrimonio de Ourense, a biodiversidade e a lingua de signos.