José María Lago representa á Deputación na presentación da III Subida a Vilar de Barrio
Vilar de Barrio, 16 de maio de 2024.
O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, representou hoxe á Deputación de Ourense na presentación oficial da III Subida a Vilar de Barrio, unha proba automobilística coa que colabora a institución provincial e que se disputará os vindeiros 25 e 26 de maio.