Presentación do "Xurés Walking Festival".

Compartir
- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 21 de xuño, a presentación do "Xurés Walking Festival". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do concelleiro de Turismo de Muíños, Israel León Rodríguez; da alcaldesa de Lobios e dos alcaldes de Bande e Lobeira, Mª Carmen Yáñez, Jose Antonio Armada e Antonio Iglesias; e das organizadoras, Marta Delgado e Ana Canal.