A Deputación participa na xornada organizada pola FEMP con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións
Ourense, 17 de maio de 2024.
Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións, hoxe 17 de maio, a Deputación de Ourense participou a través do director da Área de Transparencia da institución, Marcos Valiño, na Xornada "Avanzando en la Transformación Digital de los Gobiernos Locales" organizada pola Comisión de Digitalización, Innovación, Transparencia, Participación Ciudadana y Buen Gobierno Local da FEMP.
En dita xornada analizouse o papel que as novas redes ultrarrápidas (fibra óptica e 5G) están a ter no impulso á transformación dixital nas entidades locais, así como na prestación dos novos servizos públicos que as entidades locais prestan á cidadanía.