A Deputación apoia a II Pasarela de Moda do Centro Comercial Aberto Ourense Centro
Ourense, 23 de maio de 2024.
O Centro Comercial Aberto Ourense Centro vén de presentar a II edición da súa Pasarela de Moda, que este ano leva por título "Ourense está de moda, ti estás de moda" e que se celebrará mañá venres, 24 de maio.
Á presentación deste evento asistiu o deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, quen ratificou o apoio da Deputación a esta iniciativa, que terá como broche final unha mostra de folclore tradicional gallego, da man do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.