Rosendo Fernández participa na inauguración do Festival "Espírito Ribeiro" en Arnoia
Arnoia, 28 de xuño de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta tarde na Carballeira da Festa do Pemento en Arnoia, na inauguración do Festival Espírito Ribeiro.
O Festival Espírito Ribeiro chega á súa cuarta edición mesturando música, gastronomía e viticultura aderezada por unha selección de expositores de artesanía de Galicia nos tres concellos ourensáns.