Presentación da 22ª edición da Convivencia familiar de persoas con discapacidade intelectual.-

Compartir
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 22ª edición da Convivencia familiar de persoas con discapacidade intelectual. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; da directora de ASPADISI, Rita Freigenedo; e do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.