Boborás acolle esta fin de semana "1809 A Batalla"

Compartir

Ourense, 10 de xullo de 2024.

Esta fin de semana, os días 13 e 14 de xullo, celébrase a festa histórica baixo o nome de "1809 A Batalla", e que atrae ao municipio ourensán de Boborás a centos de curiosos tanto do lugar como doutros puntos nacionais e internacionais. Esta cita cultural de recreación históprica foi presentada esta mañá en rolda de prensa por parte do vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, e pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres.

A diversión, a emoción, o reencontro coa historia é o que vivirán todas persoas que o 3º fin de semana de agosto de acheguen a Pazos de Arenteiro, lugar que ademais de ser Monumento Nacional ten dende 1973 a declaración de Conxunto Histórico Artístico. Con esta festa retrocederemos ata o ano 1809, e poderán vivir en primeira persoa os episodios ocorridos durante a batalla que alí se librou contra os franceses, sendo un exército formado por voluntarios do lugar e dos arredores capitaneados polo coronel Bernardo González del Valle "Cachamuiña" os que conseguiron a súa retirada definitiva despois de varios intentos.

Trátase dun dos conatos vividos na Guerra da Independencia (1808-1814), a tamén chamada "La francesada", na que o monarca galo José Bonaparte -a instancias do seu irmán Napoleón-, quixo facerse co trono hispano. Os anfitrións non cederon, e Fernando VII acabaría impondo a súa orde, liberando a España das forzas estranxeiras. Para teatralizar este capítulo da nosa historia, preto de 100 voluntarios -tanto do mesmo pobo como doutras parroquias do concello como Brués, Astureses, Cameixa... así como de O Carballiño, Lalín, Leiro, Maside ou Ourense, -entre outros lugares- vístense de combatentes dos dous bandos durante estes dous días.