O deputado provincial Xosé Miguel Pérez asiste ao XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas en Manzaneda
Manzaneda, 28 de xullo de 2024.
O deputado provincial Xosé Miguel Pérez, asistiu esta mañá ao XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas da Deputación que se celebrou no campo de competición de Cabeza de Manzaneda con máis de 300 gaiteiros procedentes de Ourense, Lugo e A Coruña.