Rosendo Fernández participa na presentación da XVIII Festa Mexicana de Avión

Compartir

Ourense, 30 de xullo de 2024.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na presentación da XVIII Festa Mexicana de Avión coa que colabora a Deputación de Ourense.

Trátase dun dos eventos festivos máis notables do municipio por ser tamén unha festa homenaxe aos emigrantes en xeral e con especial protagonismo a México, principal país receptor da emigración procedente do municipio de Avión.

A celebración terá lugar o venres, 9 de agosto na praza da Igrexa, a partir das 17.00 horas coa degustación de tacos e outros pratos mexicanos que ofrecerán os cinco restaurantes participantes. Ás 18.00 horas comezarán as actividades gratuítas para os cativos e haberá música en directo durante a festa a cargo de dúas agrupacións: Mariachi de Leonardo Flores e Mariachi Acapulco de México.