Rosendo Fernández asiste á inauguración da V Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar
O Pereiro de Aguiar, 4 de agosto de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu á apertura da V Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar que se está a celebrar na localidade de Loñoá. Comezou cos obradoiros de xogos populares e tradicionais co Centro Cultural Xaquín Lorenzo e cos obradoiros infantís e para adultos.
A festa contempla un completo e variado programa que inclúe música, teatro, obradoiros, campionatos de billarda e chave, contacontos, así como unha mostra de diferentes oficios tradicionais (olería, cestería, apicultura, palilleiras...).