Rosendo Fernández asiste á XXVII Feira do Pemento de Oímbra, declarada de Interese Turístico de Galicia
Oímbra, 4 de agosto de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu á XXVII Feira do Pemento de Oímbra, coa que colabora a Deputación de Ourense. Este evento gastronómico, declarado de Interese Turístico de Galicia, comezou coa exposición de coches antigos e coa exposición de pratos de cociña que teñen o pemento como ingrediente principal. Posteriormente, publicarán un receitario con todas as propostas dos participantes.
Durante todo o día haberá stands diversos nos que se expoñerán pementos, maquinaria agrícola e produtos de artesanía.