Rosendo Fernández asiste á inauguración da exposición filatélica "Iconografía religiosa", no edificio de Correos
Ourense, 6 de agosto de 2024.
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, asistiu hoxe á inauguración da exposición filatélica "Iconografía religiosa" que organiza a Sociedad Filatélica Miño no edificio de Correos. Trátase dunha mostra con coleccións de filatelia temática que animará aos visitantes a percorrer este espazo entre diferentes representacións relixiosas.
A presentación iniciouse cun selo dedicado ás Coroacións Canónicas de Galicia de 2024 que corresponden á Virxe dos Remedios custodiadas no Santuario de Castro Caldelas e a parroquia de Santa María de A Ermida en Quiroga.