O presidente da Deputación de Ourense participa na Festa do Emigrante de Esgos

Compartir

Esgos, 22 de agosto de 2024.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Festa do Emigrante de Esgos que se celebra conxuntamente coa Festa do arroz con leite, e que dan comezo ás festas patronais do municipio na honra de San Vitores.

A Festa do Emigrante naceu hai máis de 25 anos co obxectivo de render homenaxe a aqueles veciños e veciñas que tiveron que deixar a súa terra e, co tempo, converteuse no lugar de encontro e celebración para a veciñanza e as familias que visitan o municipio nestas datas.