O presidente da Deputación de Ourense participa na XXXII Festa da Vendima de Leiro

Compartir

Leiro, 25 de agosto de 2024.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Festa da Vendima de Leiro, un clásico do último domingo de agosto desde hai 32 edicións. Esta celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, xorde no ano 1963 da man do Concello de Leiro e celébrase a partir do ano 2000 o último domingo de agosto.

Durante todo o día haberá varias actividades como o tradicional desfile e concurso de carrozas, a mostra de Viños do Ribeiro e de coches clásicos, o concurso de acios de tinto e branco, o mercado artesanal e a comida popular en O Salgueiral.